Cambiar a cor do texto
Prema na frecha situada ao lado da icona Cor do tipo de letra para activar unha barra de ferramentas onde poderá escoller entre unha variedade de cores.
![]()
Cor do tipo de letra
![]()
A seguinte información só é aplicábel a LibreOffice Writer: Se preme a icona unha vez sen texto seleccionado, o apuntador do rato transfórmase nunha lata de tinta. Use este símbolo, mantendo premido o botón do rato, para arrastralo por unha área de texto, que adquirirá a cor seleccionada. A función permanecerá activa mentres manteña premida a icona ou ata que prema Esc.
A seguinte información aplícase a todos os módulos (LibreOffice Writer, Calc, Draw, Impress): Seleccione o texto que quere colorear e prema na cor desexada na barra de ferramentas.